Quen somos?
Somos a Asociación de Gaiteiros do Irixo e somos quen se fai cargo de como usar e protexer os datos persoais que nos achegues.
Para que usamos os teus datos?
Usaremos os teus datos obtidos nos formularios da nosa web, para xestionar o teu rexistro como usuario e atender as túas consultas.
Por que os usamos?
Estamos lexitimados para tratar os teus datos por diferentes motivos. O principal, é que necesitamos tratalos para executar a vontade de relación que aceptas manter con nós cando te rexistras e polo interese en atender as túas consultas.
Os teus dereitos.
Tes dereito a acceder, rectificar ou suprimir os teus datos persoais, e nalgúns casos, dereitos adicionais.
Convidámoste a ler a nosa Política de Protección de datos e Privacidade completa, para entender polo miúdo o uso que faremos dos teus datos persoais e os dereitos dos que dispós en relación cos mesmos.
Protección de datos e privacidade
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos?
A responsable do tratamento dos teus datos é a Asociación de Gaiteiros do Irixo.
ASOCIACIÓN DE GAITEIROS DO IRIXO
CIF: G32502437
Praza Manuel Penedo, número 10
32530 O Irixo, Ourense. Galicia
Correo: bgoirixo@gmail.com
Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
A Asociación de Gaiteiros do Irixo recolle datos persoais a través dos formularios presentes na súa páxina web www.bgoirixo.com.
Fundamentalmente usamos os teus datos para:
No formulario de contacto:
Usamos estes datos para poder manter contacto contigo cando nos demandas determinada información ou nos avisas de algún tema.
No formulario de colaboración coa Banda de Gaitas e Danzas O Irixo:
Ao solicitar a túa condición de Amigo. Son datos que nos dás para poder inscribirte no Programa Amigos BGD.O.IRIXO.
A Asociación de Gaiteiros do Irixo comprométese a gardar a máxima reserva e confidencialidade sobre a información que nos sexa facilitada.
Por canto tempo conservamos os teus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña vixente a finalidade pola que se recolleron e non se solicite a súa supresión pola persoa interesada.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A lexitimación para o tratamento dos teus datos persoais, baséase no consentimento que expresas por medio de aceptación para manter relación coa Asociación de Gaiteiros do Irixo.
A quen se comunicarán os teus datos?
Os teus datos non se van ceder nin comunicar a terceiros para ningún propónsito.
Cales son os teus dereitos cando nos facilitas os teus datos?
De conformidade coa normativa aplicable en materia de protección de datos, tes unha serie de dereitos en relación co tratamento dos teus datos persoais. O exercicio destes dereitos será gratuíto para ti, agás nos casos en que se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas, especialmente por repetitivas.
Estes dereitos son os seguintes:
Dereito de información: Tes dereito á información de maneira concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sinxela, sobre a utilización e tratamento dos teus datos persoais.
Dereito de acceso: Tes dereito a solicitarnos en calquera momento que confirmemos se estamos a tratar os teus datos persoais, a quen facilitemos acceso aos mesmos e á información sobre o seu tratamento e a obter unha copia dos devanditos datos. A copia dos teus datos persoais será gratuíta aínda que a solicitude de copias adicionais poderá estar suxeita ao cobro dunha cantidade razoable baseada nos custos administrativos. Pola nosa banda, poderemos pedirche que acredites a túa identidade ou requirirche máis información que sexa necesaria para xestionar a túa solicitude.
Dereito de rectificación: Tes dereito a solicitar a rectificación dos datos persoais inexactos, non actualizados ou incompletos que teñan relación coa túa persoa.
Dereito de supresión: Tes dereito a solicitar a supresión dos teus datos persoais cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que fosen recolleitos. No entanto, este dereito non é absoluto, de maneira que a nosa organización poderá seguir manténdoos debidamente bloqueados nos supostos previstos pola normativa aplicable.
Dereito a limitar o tratamento: Tes dereito a solicitar que limitemos o tratamento tos seus datos persoais o que significa que poderemos seguir almacenándoos, pero non seguir tratándoos se se cumpre algunha das seguintes condicións:
– que impugnes a exactitude dos datos, durante un prazo que permita ao responsable verificar a exactitude dos mesmos;
– o tratamento sexa ilícito e te opoñas á supresión dos datos e solicites no seu lugar a limitación do seu uso;
– a nosa entidade xa non necesite os datos para os fins do tratamento, mais ti si que os precises para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións;
– e se ti te opuxeches ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos da nosa entidade prevalecen sobre os seus.
Dereito á portabilidad dos datos: Tes dereito a que os seus datos sexan transmitidos a outro responsable do tratamento nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica. Este dereito aplícase cando o tratamento dos teus datos persoais estea baseado no consentimento ou na execución dun contrato e devandito tratamento efectúese por medios automatizados.
Dereito de oposición: Este dereito permítelle oporse ao tratamento dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís. Non poderemos atender o teu dereito unicamente cando tratemos os teus datos no caso de que acreditemos motivos lexítimos para o tratamento ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Dereito a non someterse a decisións automatizadas, incluídos perfís: Este dereito permíteche non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produzan -ditas decisións- efectos xurídicos ou che afecten de modo similar. Salvo que dita decisión sexa necesaria para a celebración ou execución dun contrato, estea autorizada por unha lei ou se base no consentimento.
Dereito a retirar o consentimento: Nos casos nos que obtivésemos o teu consentimento para o tratamento dos teus datos persoais en relación con determinadas actividades (por exemplo, co fin de enviar comunicacións comerciais), poderás retiralo en calquera momento. Desta forma, deixaremos de realizar esa actividade concreta que consentiras previamente, salvo que exista outra razón que xustifique a continuidade do tratamento dos teus datos con estes fins, nese caso, notificarémosche dita situación.
Dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control: Tes dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, 900 293 183 (www.aepd.es), ou na dirección electrónica: https://sedeaepd.gob.es/sede-electronica/home
Poderás exercitar os dereitos antes indicados enviándonos unha comunicación ao correo electrónico bgoirixo@gmail.com, acompañando un documento acreditativo da túa identidade e proporcionando os detalles necesarios para procesar a túa solicitude.
Se queres obter máis información sobre os teus dereitos podes obtela na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es.
Política de “cookies”
A Política de cookies da Asociación de Gaiteiros do Irixo pretende proporcionar a información necesaria para que calquera persoa usuaria da web da entidade da Banda de Gaitas e Danzas O Irixo, poida decidir se desexa permitir a instalación de rastros ou “cookies” e como xestionalas. Por iso, proporcionamos unha serie de nocións básicas como que son os rastros e para que poden servir, como configuralos ou borralos etc., todas elas informacións que é recomendable que calquera persoa usuaria de internet coñeza. Tamén facilitamos a identificación das nosas “cookies”.
A información sobre a Política de cookies da Asociación de Gaiteiros do Irixo, proporciónase a través dun “aviso” no pé da páxina web, no que se advirte da instalación de rastros, describindo a súa finalidade, e dunha ligazón á presente Política para que o usuario poida coñecer con máis detalle o seu contido e funcionamento.
A nosa Política de cookies é pública e permanentemente accesible a través da ligazón habilitada na nosa web, a través da páxina denominada Política de Privacidade, á que poden acceder as persoas usuarias para mantérense informadas en todo momento.
Esta Política de cookies podería actualizarse en calquera momento, como consecuencia dun cambio normativo ou con motivo dunha modificación na configuración dos rastros (“cookies”) utilizados.
A Asociación de Gaiteiros do Irixo utiliza rastros, e outras tecnoloxías similares, para almacenar e recuperar información dos equipos terminais das persoas usuarias (en diante, denominarémolas “cookies”).
As “cookies” son arquivos ou programas informáticos, enviados a un navegador por medio dun servidor web. Estas “cookies” almacenan información no equipo da persoa usuaria, ao chegar ou navegar por unha web, e permiten que se acceda a esta tras a súa instalación. É dicir, son elementos de información que unha web instala no teu dispositivo cando a visitas. As “cookies” poden conter información sobre os hábitos de navegación das persoas usuarias ou do equipo en que se instalan, ou mesmo poden utilizarse para recoñecer á persoa usuaria.
Tipos de “cookies”
Existen diversos tipos de “cookies” en función da finalidade para a que se utilizan. A Asociación de Gaiteiros do Irixo utiliza os seguintes tipos:
Técnicas
Son as que permiten á persoa usuaria a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que existen nesta como, por exemplo, identificar a sesión, acceder a partes de acceso restrinxido, rexistrar o consentimento para a instalación das “cookies”…
Analíticas
Son aquelas que nos permiten realizar o seguimento e análise do comportamento das persoas usuarias na nosa web. A Asociación de Gaiteiros do Irixo utiliza os servizos de Google Analitycs para realizar estas análises, cuxas condicións poden consultarse na seguinte ligazón: cookies de Google Analytics.
Sociais
Son aquelas que os provedores de servizos de redes sociais poden instalar cando o usuario selecciona compartir un determinado contido da nosa web na rede social que operan. As condicións destes servizos poden consultarse nas seguintes ligazóns: Facebook, Twitter, YouTube e Instragram.
Propiedade das “cookies” por emisor
Segundo quen sexa a entidade que xestione o equipo ou dominio desde onde se envían as “cookies” e trate os datos que se obteñan, pode distinguirse entre “cookies” propias e “cookies” de terceiros. En atención a esta clasificación na nosa web utilízamos as seguintes:
Propias
A Asociación de Gaiteiros do Irixo non instala “cookies” propias.
Terceiros
Son aquelas que se instalan por entidades alleas á Asociación de Gaiteiros do Irixo ou que aínda instaladas desde un equipo ou dominio da Asociación de Gaiteiros do Irixo, a información é xestionada por terceiros. Integramos na nosa web complementos de provedores externos, como Google Analytics e Google Maps, que instalan “cookies” necesarias para que o usuario poida acceder a contidos ou servizos proporcionados por Google. (Estes terceiros, e as súas cookies, réxense polas súas propias condicións que poden consultarse na ligazón https://policies.google.com/privacy?hl=gl)
Configurar cookies
A instalación das cookies producirase tras obter o consentimento das persoas usuarias que poderán autorizar a instalación de “cookies” ao facer clic en “Aceptar Cookies”, salvo as cookies técnicas ou necesarias que se instalarán en todo caso. A configuración conservarase almacenada xunto co seu enderezo IP, coa finalidade de acreditar o cumprimento das nosas obrigacións legais durante o prazo de prescrición das mesmas.
As persoas usuarias tamén permiten a instalación de “cookies” cando executan funcionalidades concretas que requiren do seu uso para funcionar.
Se a persoa usuaria desexa revogar o consentimento prestado, pode: eliminar as “cookies” instaladas e modificar as súas preferencias sobre a aceptación das mesmas a través das opcións do seu navegador.
Para evitar que se instalen no futuro deberás activar as opcións de Navegación Privada prevista no teu navegador e bloquear ou desactivar a instalación de “cookies”.
A persoa usuaria debe ter en conta que algunhas características dos contidos da web só estarán dispoñibles se se permite a instalación de “cookies” no navegador. Se decides non aceptar ou bloquear determinadas “cookies”, en función da súa finalidade, poida que isto afecte, total ou parcialmente, ao funcionamento normal da web ou que impida o acceso a algúns servizos da mesma.
Lembra que debes configurar as túas preferencias en todos os dispositivos que utilices para navegar por internet.