O vindeiro sábado 6 de setembro inauguramos o novo curso 25-26, dando a benvida a todos aqueles que queiran iniciar a súa formación musical e artística na nosa agrupación.
Mantéñense as disciplinas impartidas na escola: gaita, percusión, canto e baile tradicional galego, todos os sábados en horario de mañá.
A cuota mensual será de 10€ por alumno maior de 8 anos, e permitirá participar en calquera actividade escollida, unha ou varias. A primeira clase será de balde para que os novos participantes poidan probar, e a matrícula para a inscrición no novo curso que tamén será gratuíta, permanecerá aberta durante todo o ano.
Para máis detalle sobre a matrícula, horarios ou información xeral sobre a nosa escola, non dudes en poñerte en contacto con nós! 📩